Perguntas e repostas

Onde vin dar?

Estás no lugar do sentidiño.

Pero, en definitiva, que ven sendo o sentidiño?

Non nos sentimos capacitados para respostar esa pergunta. Vás ter que falar coa túa avoa. Se non tes, fala coa avoa dalguén.

Por que é necesario o sentidiño?

Para encontrar solucións con xeito para os problemas das persoas.

E vós, quen vindes sendo?

Somos grupo de persoas que queremos preservar e promover a herdanza máis importante da cultura galega (xunto co sentido do humor e moito relacionada con este): o sentidiño.

Vale, mais, de que corda sodes?

Non somos de corda nengunha ou, en todo caso, cada un será da súa. Achamos que as ideoloxías son un obstáculo no camiño do sentidiño.

Como podo facer para ter sentidiño?

O sentidiño, coma as verzas, cultívase. O mais importante é estarmos dispostos sempre a mudar de opinión perante a evidencia.

É o sentidiño infalible?

Nada humano é infalible. O sentidiño fundaméntase no saber empírico e, por tanto, poderíamos dicir que é o menor dos males.

Está ben, pero, para que vai servir isto?

Para que vexas que tamén somos modernos, vamos definir o movimento con dous palabros en inglés: Think tank e lobby. Think tank porque imos pensar solucións entre todos, sen apriorismos ideolóxicos e con sentidiño. Lobby porque queremos que o debate mediático e político se centre nos intereses obxetivos das persoas. Nomeadamente, no pan dos nosos fillos.

Por que sentidiño.eu?

Porque non había sentidiño.nós. Porén, procuraremos o equilibrio entre o interese individual e o colectivo. Con sentidiño.

Podo adherir á revolución do sentidiño?

Podes, sempre e cando estexas disposto a cultivares o sentidiño, a seres tolerante e a mudares de opinión.